FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m, fondo : 3 m, alto : 3 m
Actores e técnicos: Mercedes Nogueras, Manuela Varela, Esteban Losada.
POSTA EN ESCENA:
O Inspector Inspiración é unha farsa infantil na que a participación do público é fundamental. Pois é un espectáculo interactivo con varios finais posibles polo que será o público quen decida o seu desenvolvemento e final.
O Inspector ten un método infalible para resolve-los casos: ¡Durmir! Si, nos seus soños interroga ós espectadores acerca das dúbidas que lle asaltan sobo-las súas investigacións e ó espertar érguese crendo que as súas respostas son froito do seu maxín.
Técnicas empregadas: Luva, variña e marotte.
SINOPSE:
A Condesa Percebeska, a rica aristócrata que financia as investigacións do ínclito profesor Cibrao vai face-la presentación ante as cámaras da televisión, do último invento do seu patrocinado: "A pantalla modeladora".
Segundo o profesor as ondas do seu enxeño converten en modelables tecidos e ósos como se de arxila se tratasen, polo cal, a partir de agora, calquera poderá transformar o corpo ó seu antollo. Estase a retransmitir este fito histórico cando un apagón deixa na máis absoluta oscuridade o laboratorio.
Ó volve-la luz atopámonos conque a pantalla ¡desapareceu! Tódolos presentes acordan chamar ó Inspector Inspiración, e éste amosa ter un método de pescuda moi especial.